Geranio Torreiro Antón, Presidente de Honor do Coro "Cántigas da Terra" e ex-delegado para Galicia do Festival Interceltique de Lorient, comprácese en editar de forma gratuita un traballo da Músdica e Danza, e diferentes mostras da Cultura Galega: as letras, cine, pintura, etc; na Bretaña, na citada ciudad de Lorient. Este Traballo ten un contido de cerca de novecentos folios, pero se seleccionou só o relativo a Galicia, xa que foron sete paises celtas: Bretaña, Irlanda, Escocia, País de Gales, Cornuailles, Galicia e Illa de Man. A información pode ser valiosa para os estudantes e persoas que lles agrade a música tradicional dos citados paises, e a importancia da cidadanía dos habitantes de Lorient, que teñen un dos mellores festivais do mundo.

Geranio Torreiro Antón               

miércoles, 21 de marzo de 2012

Vou a falar de mín

"VOU A FALAR DE MÍN"

O meu nome é Geranio Torreiro Antón, nado na Coruña, o 25 de Setembro de 1.931, fillo de José Torreiro e de María Antón Abelleira "María a dos nenos". Meus irmáns son Violeta, Perla, Dalia, Nardo, Azucena, Narcio e Miguel, todos nacidos no Campo de Artillería y en calles do entorno. A miña pretensión é a de dar a coñecer dende 1.955 ata 1.980, data na que presentei a miña baixa no Laureado Coro "CÁNTIGAS DA TERRA", para dedicar todo o meu tempo libre ó FESTIVAL INTERCELTIQUE DE LORIENT, labor que desempeñei dende 1.976 ata o 2.000.



No ano 2.001 volvín a "CÁNTIGAS DA TERRA", cumprida a miña palabra dada a varios Directivos de Cántigas de que, si marchaba de Festival voltaría ao Coro, cousa que pasou, sendo presentada a miña candidatura, elixida na Asamblea Xeral como presidente da Sociedade no ano 2.001, e ata o 2.010, ano no que pedín a baixa como tal. pero a miña baixa era tan so física, xa que sempre estiven ligado ó Coro, e estarei ata o final.

No hay comentarios:

Publicar un comentario